28/6/13

XARDÍN BOTÁNICO DO CEIP SAN XOSÉ OBREIRO - MEICENDE

Estas son algunhas das plantas que plantamos nos dous últimos anos no colexio aproveitando unha estreita tira de terra pegada a unha parede do colexio. A súa orientación sur-suroeste e a proximidade ao mar permítenos criar plantas aromáticas de orixe mediterraneo con bastante éxito.
Cada planta ten un rótulo con :
NOME COMÚN 
 nome científico 
 familia botánica 
 LUGAR DE PROCEDENCIA.

6/6/13

REDUCIR-RECICLAR-REUTILIZAR

Lixo son as cousas ou restos de cousas que xa non usamos.
A maioría do lixo prodúcese nas cidades. Este almacénase en vertedoiros ou quéimase provocando contaminación ambiental.
Para minimizar o impacto negativo do noso lixo podemos facer tres R :
REDUCIR: Producir o menos lixo posible.
REUTILIZAR: Darlle novos usos ao posible lixo.
RECICLAR: É a mellor maneira de eliminar o lixo e consiste en converter o lixo en novos materiais aptos par un novo uso.
Para iso seleccionámolo xa na casa: nunha bolsa o papel, noutra os envases plásticos e latas, noutra o vidro e noutra os restos de comida. 
Na rúa hai un colector de forma e cor diferente para cada tipo. 
( Nas fotos amosamos un caso de colectores domésticos e de rúa.)