28/11/12

ANIMAIS CARNÍVOROS



Impresionantes imaxes do ataque dunha libeliña, na súa fase acuática, sobre unha miñoca e de como os tritóns esperan para sumarse ó festín.

METAMORFOSE DO TRITÓN



Aquí tedes unha serie de fotos do tritón dende ovo ata adulto. Os ovos e as crías houbo que retiralos a un recipiente anexo para salvalos do ataque das dúas parellas de tritóns adultos do terrario.

20/11/12

SUPERVIVENCIA DOS PEQUENOS TRITÓNS

Estes son catro exemplos da gran capacidade dos tritóns alevíns de adaptarse ao medio para sobrevivir.
Só contaban coas distintas coloracións do fondo do terrario e unha zona de algas para esquivar o acecho constante das dúas parellas de tritóns adultos do terrario.







18/11/12

ATAQUE DE TRITÓN A UNHA CRÍA


Logramos a supervivencia de moitas crías grazas a que retirabamos os ovos a outro recipiente, e a que a produción de ovos das dúas parellas de tritóns foi moi grande.
Parte dos alevíns sobreviviron pola súa capacidade para agocharse no medio e as súas dotes de camuflaxe como mostraremos en videos posteriores.