Estas son algunhas das plantas que plantamos nos dous últimos anos no colexio aproveitando unha estreita tira de terra pegada a unha parede do colexio. A súa orientación sur-suroeste e a proximidade ao mar permítenos criar plantas aromáticas de orixe mediterraneo con bastante éxito. Cada planta ten un rótulo con :
Lixo son as cousas ou restos de cousas que xa non usamos. A maioría do lixo prodúcese nas cidades. Este almacénase en vertedoiros ou quéimase provocando contaminación ambiental. Para minimizar o impacto negativo do noso lixo podemos facer tres R : REDUCIR: Producir o menos lixo posible. REUTILIZAR: Darlle novos usos ao posible lixo. RECICLAR: É a mellor maneira de eliminar o lixo e consiste en converter o lixo en novos materiais aptos par un novo uso. Para iso seleccionámolo xa na casa: nunha bolsa o papel, noutra os envases plásticos e latas, noutra o vidro e noutra os restos de comida. Na rúa hai un colector de forma e cor diferente para cada tipo. ( Nas fotos amosamos un caso de colectores domésticos e de rúa.)