27/2/11

Ninfa libeliña

Acababamos de traer á clase de 1º a ninfa de libeliña dende o terrario de anfibios, para observala e comparala co exemplar de adulto que temos na clase cando, inesperadamente, mudou. 
Estas gravacións corresponden aos momentos posteriores á muda. Despois devolvémola ao terrario.

Obsérvense as enormes mandíbulas. As libeliñas son moi voraces, pero inofensivas para o home: non pican, non teñen aguillón. Comen moitas moscas e mosquitos, polo que resultan moi beneficiosas.

Neste vídeo podemos observar como, en canto lle daba a luz, buscaba a muda para asirse a ela. Non a soltaba ata que volvía á escuridade. Este comportamento poidémolo comprobar repetidas veces.

De volta ao terrario de anfibios: comparade o tamaño co tritón adulto.

Álbum de fotos do exemplar adulto e da ninfa, dende novembro ata o 23 de febreiro.

24/2/11

XERMINACIÓN DUNHA FABA

Xerminación dunha faba

Bulbos sobre manto húmido

BULBOS EN AUGA

Poñemos os bulbos tocando a auga a parte inferior dos mesmos, nun sitio seco e escuro ( no noso caso nos armarios do laboratorio ). Despois de varias semanas, cando formaron raíces fortes, os sacamos á luz para  que se forme a parte aérea. Cando esta se pon verde, os plantamos en terra.


Obsevacións:
Póñense na escuridade con auga para fortalecer as raíces antes de que a planta se desenvolva. (Ver foto inferior)
Hai que evitar que o bulbo esté húmedo: podrecería.
Aínda que nos usamos material común de laboratorio, existen no mercado recipientes especiais para bulbos.
Cada dúas semanas cambiamos a auga dos recipientes. Nesta operación débense tratar as raíces con moita coidado, evitando ao mesmo tempo que o bulbo se molle.
Paralelamente, tamén fixemos plantación de bulbos en medio húmido: sobre un manto de musgo que mantivemos húmido, pero non 
encharcado.


Narciso e tulipán despois de 2 semanas na claridade




Detalle das raíces.