31/3/11

NINFA DE LIBELIÑA COMENDO

A dieta destes insectos é moi variada e, unha vez máis, podemos ver a súa tremenda voracidade e como capturan ás súas presas usando mandíbulas extensibles Respiran por branquias no recto e  rapidamente poden impulsarse pola auga que expulsa polo anoAdemais a disposición e complexidade dos seus ollos múltiples, permítelles un ángulo de visión total : 360º .  

(ver páxina libeliña e limpafontes)

27/3/11

Crianza de Píntega

Case todo o material orgánico deste terrario procede dunha charca propiedade de Armando Xosé Herrero Mayor. Ao remate do curso, tanto as plantas acuáticas como os animais, se devolveran á charca de procedencia. Nestas fotos podemos ver a cría de píntega despois de pasar 5 meses neste terrario. ( Ver entrada do 22 de novembro de 2010 )



Neste vídeo vemos unha píntega adulta e unha cría descansando. A súa actividade comeza cando cae o día. Máis información.

27/2/11

Ninfa libeliña

Acababamos de traer á clase de 1º a ninfa de libeliña dende o terrario de anfibios, para observala e comparala co exemplar de adulto que temos na clase cando, inesperadamente, mudou. 
Estas gravacións corresponden aos momentos posteriores á muda. Despois devolvémola ao terrario.

Obsérvense as enormes mandíbulas. As libeliñas son moi voraces, pero inofensivas para o home: non pican, non teñen aguillón. Comen moitas moscas e mosquitos, polo que resultan moi beneficiosas.

Neste vídeo podemos observar como, en canto lle daba a luz, buscaba a muda para asirse a ela. Non a soltaba ata que volvía á escuridade. Este comportamento poidémolo comprobar repetidas veces.

De volta ao terrario de anfibios: comparade o tamaño co tritón adulto.

Álbum de fotos do exemplar adulto e da ninfa, dende novembro ata o 23 de febreiro.

24/2/11

XERMINACIÓN DUNHA FABA

Xerminación dunha faba

Bulbos sobre manto húmido

BULBOS EN AUGA

Poñemos os bulbos tocando a auga a parte inferior dos mesmos, nun sitio seco e escuro ( no noso caso nos armarios do laboratorio ). Despois de varias semanas, cando formaron raíces fortes, os sacamos á luz para  que se forme a parte aérea. Cando esta se pon verde, os plantamos en terra.


Obsevacións:
Póñense na escuridade con auga para fortalecer as raíces antes de que a planta se desenvolva. (Ver foto inferior)
Hai que evitar que o bulbo esté húmedo: podrecería.
Aínda que nos usamos material común de laboratorio, existen no mercado recipientes especiais para bulbos.
Cada dúas semanas cambiamos a auga dos recipientes. Nesta operación débense tratar as raíces con moita coidado, evitando ao mesmo tempo que o bulbo se molle.
Paralelamente, tamén fixemos plantación de bulbos en medio húmido: sobre un manto de musgo que mantivemos húmido, pero non 
encharcado.


Narciso e tulipán despois de 2 semanas na claridade




Detalle das raíces.

25/1/11

17/1/11

Píntega ( Salamandra )

Autores : Sabela, Alba P., Gabriel e Juan José de 4ºB



















Anfibio de pel lisa e negra, con manchas amarelas. Como é un anfibio é capaz de vivir na terra e na auga. Ten un corpo alongado que mide uns 20 cm. Os seus ollos son saltóns e escuros. Teñen catro patas curtas e grosas.



A súa reprodución é ovípara, nace de ovos. Primeiro viven na auga. Despois, pouco a pouco van subindo á superficie da terra.


A súa alimentación é carnívora, comen carne. Aliméntanse de pequenos invertebrados .