AUGA

ESTE É O GRUPO PINGA. Grupo de representantes de 3º a 6º, encargados das actividades de vixiancia e promoción dun uso sostible da auga, baixo a supervisión e guía da profesora Marisol.


  O grupo Pinga do Proxecto  Meicende Natura está a desenvolver as seguintes actividades.

·       Revisión semanal do consumo de auga e das posibles perdas en billas, baños… A posteriori preténdese elaborar unha gráfica  de consumo. A raíz disto escribiuse unha carta ao Concello para que se nos colocara o contador de modo que fose máis visible e asimesmo para que tomase as medidas oportunas co obxecto de solucionar unha perda de auga que hai antes do contador.

·       Elaboración dun dítico con recomendacións  modos de actuación na vida diaria para  aforrar auga

·       Pretendemos elaborar carteis para  colocar nos sitios de consumo de auga que recorden o bo uso da mesma

·       Temos igualmente a intención de facer unha análise da calidade da auga que consumimos, pero isto depende dos medios de que dispuñamos

CAMBIO DE SITUACIÓN DO CONTADOR DE AUGA PARA UNHA LECTURA MÁIS SINXELA


CARTA DE AGRADECEMENTO AO CONCELLO

Meicende  9  de  febreiro 2011

Estimada  Concelleira:
Gustaríanos agradecerlle os cambios que fixeron no contador de auga ( reparación da fuga e baixada de altura do contador de auga). Grazas pola prontitude en resolver estes problemas, xa que así aforraremos máis auga e poderemos ver mellor o contador. Sen a súa axuda non saberíamos resolver estes problemas.

Un cordial saúdo do grupo Pinga


Cristina                        Noa                          Paula                   Andrea



Jonathan                      Alba




Pax 2
View more presentations from xuliogallego.



ANÁLISE DA AUGA DO COLEXIO



O grupo Pinga do Proxecto Meicende Natura, quixo averiguar a calidade da auga que consumíamos no colexio . Así que dirixímonos á farmacia da vila onde, moi amablemente nos explicaron os pasos a seguir para facer a recollida e o lugar a onde levala posteriormente ( tiña que ser un laboratorio privado, autorizado para tal fin, xa que elas non teñen neste momento permiso para efectuar esta análise). A continuación reflectimos os pasos a seguir, por si son de interese para alguén de vós.
  • Débese mercar un envase esterilizado para recoller a mostra.
  • Tense que desinfectar a billa con alcohol, antes de efectuar a recollida.
  • Hai que deixar correr a auga uns segundos.
  • Recóllese a auga.
  • Etiquétase o envase indicando lugar de recollida, data e que se trata de auga clorada.

A continuación mostramos os parámetros que se analizan e os resultados obtidos:

Bacteoroloxía

Reconto de bacterias coliformes ......................0 UFC en 100 ml (Indican que a auga pode estar contaminada con augas negras ou outro tipo de refugallos en descomposición)

Reconto de Escherichia Coli................................0 UFC en 100 ml (Indica que existe contaminación por augas fecais)

Reconto de Enterococos ......................................0 UFC en 100 ml ( Indican el nivel de contaminación da auga)

Reconto de Clostridium Perfrigens .....................0 UFC en 100 ml ( Bacterias que producen toxinas perxudiciais para os seres humanos)

Reconto Esporas Clostridium Perfrigens ...........o UFC en 100 ml ( Bacterias causantes de enfermidades coma o butulismo que é unha grave intoxicación alimentaria)

Outros parámetros

Olor ....................................................................Non se aprecia

Sabor ...................................................................Non se aprecia

Color ( 15 mg/l PT/ Co) .................................................8 mg/l Pt/ Co

Turbidez ..............................................................0 UNF

Conductividad ( 2500 uS/cm a 20ºC) ..............................150 uS/cm a 20º C

pH (entre 6.5 Unidades de pH e 9.5) .......................................6.98 Unidades de pH

Amonio ( 0.50 mg/l) ....................................................0 mg/l

Cloro libre residual ( 1.0 mg/l) ......................................0.08 mg/l


Ditame : " A mostra é APTA para o consumo de acordo cos ensaios realizados"

Lexislación : REAL DECRETO 140/2003 de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios de calidade de auga de consumo