28/6/13

XARDÍN BOTÁNICO DO CEIP SAN XOSÉ OBREIRO - MEICENDE

Estas son algunhas das plantas que plantamos nos dous últimos anos no colexio aproveitando unha estreita tira de terra pegada a unha parede do colexio. A súa orientación sur-suroeste e a proximidade ao mar permítenos criar plantas aromáticas de orixe mediterraneo con bastante éxito.
Cada planta ten un rótulo con :
NOME COMÚN 
 nome científico 
 familia botánica 
 LUGAR DE PROCEDENCIA.

6/6/13

REDUCIR-RECICLAR-REUTILIZAR

Lixo son as cousas ou restos de cousas que xa non usamos.
A maioría do lixo prodúcese nas cidades. Este almacénase en vertedoiros ou quéimase provocando contaminación ambiental.
Para minimizar o impacto negativo do noso lixo podemos facer tres R :
REDUCIR: Producir o menos lixo posible.
REUTILIZAR: Darlle novos usos ao posible lixo.
RECICLAR: É a mellor maneira de eliminar o lixo e consiste en converter o lixo en novos materiais aptos par un novo uso.
Para iso seleccionámolo xa na casa: nunha bolsa o papel, noutra os envases plásticos e latas, noutra o vidro e noutra os restos de comida. 
Na rúa hai un colector de forma e cor diferente para cada tipo. 
( Nas fotos amosamos un caso de colectores domésticos e de rúa.)

11/4/13

O TRABALLO ARTESANAL


Visitamos as instalacións das cerámicas do Castro-Sargadelos e poidemos compartir o traballo de artesán. Un traballo feito coas mans, coa axuda de ferramentas sinxelas e usando materias primas do entorno: barro e tintes naturais.
Primeiro fixemos as vasillas e, despois de desmoldalas, as decoramos.

5/4/13

Dia da árbore 2013


A clase de terceiro saímos a plantar castiñeiros a unha leira de Larín (Arteixo) axudados por Oscar e os técnicos municipais do concello de Arteixo.

26/3/13

DÍA DA ÁRBORE 2013


20 DE MARZO DE 2013.  
CLASE DE 3º DO COLEXIO SAN XOSÉ OBREIRO DE MEICENDE.
SAIMOS XUNTO COAS CLASES DE 6º A PLANTAR CASTIÑEIROS A UNHA FINCA DE MAN COMÚN EN LARÍN (ARTEIXO)
Coa dirección de Oscar e a axuda de varios técnicos do Concello de Arteixo, en grupos de dous, plantamos un castiñeiro por parella.



21/2/13

EVAPORACIÓN DA AUGA

A evaporación da auga depende, entre outros factores da área de superficie de contacto co aire que a rodea e da humidade relativa deste aire. Nesta experiencia vemos que se aillamos o aire que rodea á superficie de contacto, a evaporación é minima. Como testigo usamos outro recipiente soportando as mesmas condicións de presión e temperatura externa.
Para unha mellor visualización usamos colorante alimentario azul coa mesma concentración nos dous vasos

18/2/13

Triturus Marmoratus : Ovos e crías.

As femias de Marmoratus poñen máis de 200 ovos. Xa empezaron a eclosionar e os alevíns, en canto sexan visitados polos nosos alumnos,  os levaremos para a charca de procedencia dos proxenitores.

13/2/13

SEMENTANDO CARBALLOS E CASTIÑEIROS.

As landras son o froito do carballo. 
Metemos as landras en auga moito tempo ata que comezan a abrir.
No momento no que agroman, as sementamos e seguimos a súa evolución.
Coas landras tamén sementamos castañas, o froito no que se agocha a semente do castiñeiro.

15/1/13

Terrario de anfibios 2012 - 2013



Estas son algunhas das especies que temos este curso no terrario :

PINTAFONTES VERDE ( Tritón jaspeado)  macho



PINTAFONTES VERDE ( Tritón jaspeado)  femia


CLASE : Anfibios.
ORDEN : Caudata.
FAMILIA : Salamandridae.
XÉNERO :Triturus.
NOME CIENTÍFICO : Triturus marmoratus.

DESCRIPCIÓN : Grande e robusto, cabeza ancha. Coloración dorsal verde musgo ou oliva con motas oscuras. Ventre gris claro con manchas oscuras.
Lonxitude total ata 16 cm.
DISTRIBUCIÓN : Francia e península ibérica.
HÁBITAT : Todo tipo de ambientes acuáticos.
COSTUMES : Nocturno na súa vida terrestre e ocúltase polo día. Na reproducción vive na auga. Pon uns 200 ovos pegados en rigleiras nas follas das plantas acuáticas o unas pedars dos estanques. Eclosionan en dúas semanas.
DIETA : Na vida terrestre caza de noite vermes, lesmas, pequenos insectos e arañas. Na auga, en calquer momento: ovos e crías de rá de outros tritóns,pulgas de auga, etc.



PINTAFONTES COMÚN ( Tritón ibérico)

CLASE : Anfibios.

ORDEN : Caudata.

FAMILIA : Salamandridae.

XÉNERO : Lissotriton.

NOME CIENTÍFICO : Lissotriton boscai.



DESCRIPCIÓN : Pequeno, compacto, cabeza co fociño redondeado. Dorso parduzco no macho e pardo aceituna na femia. Ventre de amarelo a laranxa.

Lonxitude total 8-9 cm.
DISTRIBUCIÓN : Oeste da península ibérica.
HÁBITAT : Zonas agrarias perto da auga.
COSTUMES : Nocturno na súa vida terrestre e ocúltase polo día. Na reproducción vive na auga. Pon os ovos pegados en follas das plantas acuáticas ou nas pedras dos estanques. Eclosionan en dúas semanas.
DIETA : Invertebrados acuáticos: pequenos insectos, crustáceos.



PINTAFONTES ( Tritón palmeado)

CLASE : Anfibios.
ORDEN : Caudata.
FAMILIA : Salamandridae.
XÉNERO : Lissotriton.
NOME CIENTÍFICO : Lissotriton helveticus.

DESCRIPCIÓN : Pequeno, esbelto, cabeza alongada, cola comprimida, unha cinta oscura atravesando os ollos. Dorso parduzco claro con manchas. Ventre amarelo palla.
Lonxitude total 8-9 cm.
DISTRIBUCIÓN : Norte da península ibérica.
HÁBITAT : Gran variedade de medios acuáticos.
COSTUMES : Nocturno na súa vida terrestre e ocúltase polo día. Na reproducción vive na auga. Cortexo con movementos de cola moi vistosos e durante moito tempo. Pon de 200 a 300 ovos, que deixa un a un en follas das plantas acuáticas cuidadosamente dobladas. Con bo tempo eclosionan en dúas semanas.