27/2/11

Ninfa libeliña

Acababamos de traer á clase de 1º a ninfa de libeliña dende o terrario de anfibios, para observala e comparala co exemplar de adulto que temos na clase cando, inesperadamente, mudou. 
Estas gravacións corresponden aos momentos posteriores á muda. Despois devolvémola ao terrario.

Obsérvense as enormes mandíbulas. As libeliñas son moi voraces, pero inofensivas para o home: non pican, non teñen aguillón. Comen moitas moscas e mosquitos, polo que resultan moi beneficiosas.

Neste vídeo podemos observar como, en canto lle daba a luz, buscaba a muda para asirse a ela. Non a soltaba ata que volvía á escuridade. Este comportamento poidémolo comprobar repetidas veces.

De volta ao terrario de anfibios: comparade o tamaño co tritón adulto.

Álbum de fotos do exemplar adulto e da ninfa, dende novembro ata o 23 de febreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario